- II Concurso de podcasts "Radio na biblio", en colaboración coa CRTVG (Radio Galega).
- Preme
- Remata prazo 31 de outubro 2020
venres, 19 de xuño de 2020
Concursos de fóra do centro
mércores, 4 de marzo de 2020
xoves, 6 de febreiro de 2020
24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro
Achégase o Día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, data na que nace a autora. Rosalía de Castro é considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX, e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
O IES David Buján para celebralo organiza un concurso de tarxetas artísticas, mail art, que despois serán enviadas para difundir esa data por todo o mundo.
PARTICIPA
mércores, 5 de febreiro de 2020
xoves, 9 de xaneiro de 2020
Na Candeloria casan os paxariños
A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra, di tamén a cultura popular), no momento en que xa é evidente que medran os días e a natureza comeza a prepararse para o estourido de vida que está a chegar.
Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade.
A voda dos paxariños
A partir da candeloria, ningunha ave voa soa, di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación! (Tirado do Portal das Palabras)
CHÍOS CON AMOR
O Equipo de Dinamización da Lingua xunto do Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Convivencia convocan una concurso de mensaxes de amor curtas (menos de 280 caracteres) que pode ter un destinatario-a folgado (namorado, namorada, pai, nai, amigos, lingua, ...)
Saca a túa personalidade sentimental e participa!!
martes, 3 de decembro de 2019
Concurso: Felicitacións de nadal
todos os anos o EDLG convocan un concurso de Felicitacións de nadal, tamén para podermos vivir un nadal en galego.
PARTICIPA
luns, 28 de outubro de 2019
Estrela Rosalía
A estrela HD 149143 é unha anana amarela, semellante ao noso Sol, situada a 240 anos luz, na constelación de Ofiúco. A súa magnitude relativa é 7,89, o cal a converte nun obxecto visíbel con prismáticos en ceos escuros. Para celebrar o centenario da Unión Astronómica Internacional, a entidade puxo en marcha a iniciativa mundial NameExoWorlds, que permite que cada país do mundo lle poña nome a unha estrela cun exoplaneta asociado.
Hai uns días a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío iniciou unha campaña para que Rosalía sexa o nome elixido para nomear a estrela correspondente España, e e o de Río Sar para o seu exoplaneta HD 149143 b. Foi descuberto en 2005. É un xigante gasoso un pouco maior que Xúpiter que orbita a oito millóns de quilómetros da súa estrela: tarda só 4,1 días en dar unha volta completa arredor dela. En caso de que se descubran máis exoplanetas neste astro, a proposta da entidade inclúe outros topónimos asociados á vida e obra de Rosalía: Laíño, Lestrobe, Bastavales, Conxo ou Iria.
A votación pode realizarse a través desta ligazón. Os votos recolleranse ata o día 12 de novembro. Os resultados finais serán dados a coñecer nun anuncio oficial da Unión Astronómica Internacional a partir de mediados de decembro, conxuntamente cos outros nomes das estrelas e planetas asignadas a cada país. Curiosamente, Rosalía non é a única proposta galega para nomear a estrela HD 149143. Na votación tamén figura Breogán como opción (e Ith para dar nome ao exoplaneta), proposto polo Observatorio da Universidade Autónoma de Madrid.
A Agrupación Astronómica Ío difundiu a súa proposta a través das redes sociais, convidando a empregar a etiqueta #EstrelaRosalía e a compartir poemas da autora que inclúan referencias ao Sol, a Lúa, as estrelas e a noite. Así, dende esta fin de semana estamos lendo "Cando maxino que es ida/ no mesmo sol te me amostras/ i eres a estrela que brila/ i eres o vento que zoa" ou "Colleume a noite, noite brillante, cunha luniña feita de xaspes, e fun con ela camiño adiante, cas estreliñas para guiarme, que aquel camiño solo elas saben", entre moitos outros versos. "No tempo de Rosalía a contaminación luminosa non existía e en consecuencia todas as persoas convivían con naturalidade coa noite. O firmamento e os corpos celestes formaban parte do seu día a día e inevitabelmente están integrados na súa literatura", destaca Ío na seúa web.
Cando penso que te fuches,negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
domingo, 13 de outubro de 2019
Samaín. Concurso de microcontos
Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses. Un deles era Samaín
As súas festas coincidían con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios:
• 1 febreiro na honra da deidade Imbole.
• 1 maio na honra da deidade Beltain.
• 1 agosto en honra a deidade Lungh.
• 1 novembro na honra da de idade Samaín(solpor do 31 de outubro e 1 e novembro)
A festa do Samaín, festa laica que representa a fin do verán, das colleitas e o inicio do tempo de inverno, era a festa máis importante dos celtas e marcaba os inicios do ano novo.
Nós para festexar e reuivindicar esta fest propia, antecedente do Halloween imos facer un concurso de microcontos.
PARTICIPA
DOCUMENTOS
sábado, 12 de outubro de 2019
Samaín . Concurso de conxuros
Se queres gañar, vas ter que rimar
O Equipo de Dinamización da Lingua, en colaboración co Departamento da Lingua Galega, convoca o II CONCURSO DE CONXUROS para festexar o Samaín. Tes ata o 30 de outubro.
O conxuro é unha invocación, máis ou menos rimada, a poderes de toda índole (físicos, espirituais, morais, políticos, sobrenaturais, ...) para todo o que desexemos.
A finalidade deste concurso é crear conxuros para afastar todo aquilo que queiramos que desapareza das nosas vidas (violencia, maltrato, inxustizas, guerras, prexuízos, a contaminación...).
A finalidade deste concurso é crear conxuros para afastar todo aquilo que queiramos que desapareza das nosas vidas (violencia, maltrato, inxustizas, guerras, prexuízos, a contaminación...).
Exemplos
Ollos de sapo,
pata de ra,
que caiga a escola
pasadomañá.
Conxuros contra a néboa
Érguete néboa,
puta da serra,
filla dun can
e dunha cadela.
Aí vén san Xoán
co seu burro ruán
ai! que te mata
ai! que te papa
ai! que te leva
ao fondo do mar
a secar.
puta da serra,
filla dun can
e dunha cadela.
Aí vén san Xoán
co seu burro ruán
ai! que te mata
ai! que te papa
ai! que te leva
ao fondo do mar
a secar.
Outro diferente
Levántate, néboa,
do mar e da terra
que aí vén San Martiño
co seu ramalliño,
chorando e berrando
que te ha matar,
cortarche a cabeza
e tirala ao mar.
do mar e da terra
que aí vén San Martiño
co seu ramalliño,
chorando e berrando
que te ha matar,
cortarche a cabeza
e tirala ao mar.
xoves, 12 de setembro de 2019
Usos lingüisticos 2018-2019
Nos seguintes enlaces podes consultar o uso da lingua galega no IES David Buján. Estes cuestionarios lingüísticos foron realizados durante o mes de decembro de 2018
xoves, 23 de maio de 2019
MUSIGAL 2019
MUSIGAL é un proxecto de dinamización lingüística e cultural desenvolvido no centro por primeira vez e que ten por obxectivo divulgarmos a música galega actual, en principio, entre a nosa comunidade educativa. O premio tenta crear un premio para aquel grupo ou intérprete cuxa canción resulte gañadora entre todas as publicadas no ano anterior, neste caso , entre todas as do 2018.
O certame ten varias fases. Na
primeiro, o xurado selecciona as sete mellores cancións en lingua galega
publicadas no ano anterior. A continuación, ábrense as votacións
virtuais para toda a comunidade educativa e elíxense os gañadores. Por
último, convídanse os artistas que resultaron gañadores para vir actuar
ao centro e recibir o premio.
- Deixaas de Mercedes Peón
- O baile de Noró de Xabier Díaz &Adufeires de Salitre
- Antón Revolución de Susana Seivane
- Desdibuxar de Guadi Galego
- Terra Mollada de Milladoiro
- Que non mo neguen de Tanxugueiras
- Pólvora e tormenta de Ezetaerre
Podes escoitar as canción finalistas e votar AQUÍ
sábado, 11 de maio de 2019
Obradoiro de estampación de camisetas. Concurso
Este ano os alumnos de 1º da ESO, os que participaron no Correlingua, deseñaron uns lemas e deseños que despois estamparon nas súas camisetas con ceras duras que despois fixaron coa plancha.
Aquí tes fotos da actividade e do resultado.
Entre todas as camisetas, déronse oito premios. A decisión foi difícil, pois había moitas realmente excelentes.
Aquí tes os premiados. Noraboa
Aquí tes fotos da actividade e do resultado.
Entre todas as camisetas, déronse oito premios. A decisión foi difícil, pois había moitas realmente excelentes.
Aquí tes os premiados. Noraboa
sábado, 9 de marzo de 2019
I Concurso de caligramas
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, O Departamento de Lingua Galega e a Equipo de Convivencia convocan o I Concurso de Caligramas en lingua galega para festexar o Día Mundial da Poesía ( 21 de Marzo) e homenaxear a Luis Pimentel, escritor fundamental na poesía galega do século XX, cando se cumpre 60 anos da publicación de Sombra do aire na herba, libro no que aparece a poesía fundamental do autor.
Ao final desta entrada aparece unha pequena antoloxía de Sombra do aire na herba. Se buscas outros poemas, achégate á biblioteca do centro ou ao departamento de Lingua Galega.
No departamento do EDLG tamén podes coller a cartolina que che fai falla.
No departamento do EDLG tamén podes coller a cartolina que che fai falla.
ANÍMATE A PARTICIPAR
HABERÁ SUCULENTOS PREMIOS
BASESINFOGRAFÍA
ANTOLOXÍA de Sombra do aire na herba (1959) de Luís Pimentel
-----
Consulta aqui o fallo do xurado
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











