xoves, 23 de maio de 2019

MUSIGAL 2019

MUSIGAL é un proxecto de dinamización lingüística e cultural  desenvolvido no centro por primeira vez   e que ten por obxectivo divulgarmos a música  galega actual, en principio, entre a nosa comunidade educativa.  O premio tenta crear un premio para aquel grupo ou intérprete  cuxa canción resulte gañadora entre todas as publicadas no ano anterior, neste caso , entre todas as do 2018.

O certame  ten varias fases. Na primeiro, o xurado selecciona as sete mellores cancións en lingua galega publicadas no ano anterior. A continuación, ábrense as votacións virtuais  para toda a comunidade educativa e elíxense os gañadores. Por último, convídanse os artistas que resultaron gañadores para vir actuar ao centro e recibir o premio.

As cancións finalistas nesta edición foron:
- Deixaas de Mercedes Peón
- O baile de Noró de Xabier Díaz &Adufeires de Salitre
- Antón Revolución de Susana Seivane
- Desdibuxar de Guadi Galego
- Terra Mollada de Milladoiro
- Que non mo neguen de Tanxugueiras
- Pólvora e tormenta de Ezetaerre

Podes escoitar as canción finalistas e votar AQUÍ

sábado, 11 de maio de 2019

Obradoiro de estampación de camisetas. Concurso

Este ano os alumnos  de 1º da ESO, os que participaron no Correlingua, deseñaron uns lemas e deseños que despois estamparon nas súas camisetas con ceras duras que despois fixaron coa plancha.
Aquí tes fotos da actividade e do resultado.
Entre todas as camisetas, déronse oito premios. A decisión foi difícil, pois había moitas realmente excelentes.
Aquí tes os premiados. Noraboa