sábado, 19 de xaneiro de 2019

QUÉROTE en galego

Neste mundo tan globalizado, na Galiza tamén se adoita celebrar o Día dos Namorados e Namoradas o 14 de febreiro, polo San Valentín. Mais o  día 2, a Candeloria, cando casan os paxariños, tamén é unha data ben axeitada  para celebrarmos o amor.  No centro imos celebrar o amor en galego:
 - CONCURSO de caligramas con poemas de amor .

2. febreiro. A candeloria



A da Candeloria ten unha orixe pagá que se remonta a tempos anteriores á romanización.  A conmemoración cristiá da Candeloria parece que ten a súa orixe nunha festa romana do lume, a dos "Lupercales", unha procesión de candeas acendidas na noite na que se facían pregarias a Proserpina, a deusa que daba forza ás sementes, procurando a fertilidade dos eidos. Celebración que os romanos quizais tomaron da "Festa da luz" dos pobos celtas, festexo do lume sagrado que liberaba a terra, propiciando a fertilidade e o espertar do sol. 
 Na cultura popular galega a da Candeloria é "a festa da luz", xa que comezan a medrar os días e a estreitarse as noites, xa falta pouco para  primavera, ... Tamén é o momento que volven os paxariños que migraron  e  se emparellan. 
A sabedoría de refraneiro galego lembra todos estes feitos e moitos outros da época. 


"Cando a Candelaria chora, a mitá do inverno está fora; se chora ou ri, a mitá do inverno está por vir, e se chora ou fai vento, aínda o inverno está dentro"

Adornaremos o centro e recolleremos refráns sobre a festas e a época . 
Anímate e participa. 
Deixa o teu refrán na entrada



Anuario 2018-2019

Este ano o anuario escolar ao lado da foto de grupo vai levar un fragmento dunha canción galega.Deberá figurar intérprete disco e ano de publicación. cada clase deberá escolle a súa canción Non se repetirá canción, nin intérprete.
Neste blog do  EDL do centro hai só música galega

martes, 15 de xaneiro de 2019

CONCURSOS: Casa Museo Manuel María

A Casa Museo de Manuel María acaba de convocar os dous concursos  que a Fundación promove dirixido ao alumnado galego de estudo non universitario da ESO, Bachrelato, Ciclos Formativos e Ensinanzas artísticas.
Nos seguintes enlaces podes coñecer as bases que rexen os dous concursos:
- V Concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva" ( sobre poemas de Manuel María e Rosalía de Castro). BASES
- III Concurso de videopoemas Sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María. BASES
Anímate e participa!!
Videopoemas