A da Candeloria ten unha orixe pagá que se remonta a tempos anteriores á romanización. A conmemoración cristiá da Candeloria parece que ten a súa orixe
nunha festa romana do lume, a dos "Lupercales", unha procesión de
candeas acendidas na noite na que se facían pregarias a Proserpina, a deusa que
daba forza ás sementes, procurando a fertilidade dos eidos. Celebración que os
romanos quizais tomaron da "Festa da luz" dos pobos celtas, festexo do lume sagrado que liberaba a terra, propiciando a
fertilidade e o espertar do sol.
Na cultura popular galega a da
Candeloria é "a festa da luz", xa que comezan a medrar os días e a
estreitarse as noites, xa falta pouco para primavera, ... Tamén é o momento que volven os paxariños que migraron e se emparellan.
A sabedoría de refraneiro galego lembra todos estes feitos e moitos outros da época.
"Cando a Candelaria chora, a mitá do inverno está fora; se chora ou
ri, a mitá do inverno está por vir, e se chora ou fai vento, aínda o inverno
está dentro"
Adornaremos o centro e recolleremos refráns sobre a festas e a época .
Anímate e participa.
Deixa o teu refrán na entrada
Ningún comentario:
Publicar un comentario