martes, 3 de decembro de 2019

luns, 28 de outubro de 2019

Estrela Rosalía


A estrela HD 149143 é unha anana amarela, semellante ao noso Sol, situada a 240 anos luz, na constelación de Ofiúco. A súa magnitude relativa é 7,89, o cal a converte nun obxecto visíbel con prismáticos en ceos escuros. Para celebrar o centenario da Unión Astronómica Internacional, a entidade puxo en marcha a iniciativa mundial NameExoWorlds, que permite que cada país do mundo lle poña nome a unha estrela cun exoplaneta asociado. 

Hai uns días a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío iniciou unha campaña para que Rosalía sexa o nome elixido para nomear a estrela correspondente España, e e o de Río Sar para o seu exoplaneta HD 149143 b. Foi descuberto en 2005. É un xigante gasoso un pouco maior que Xúpiter que orbita a oito millóns de quilómetros da súa estrela: tarda só 4,1 días en dar unha volta completa arredor dela. En caso de que se descubran máis exoplanetas neste astro, a proposta da entidade inclúe outros topónimos asociados á vida e obra de Rosalía: Laíño, Lestrobe, Bastavales, Conxo ou Iria.
A votación pode realizarse a través desta ligazón. Os votos recolleranse ata o día 12 de novembro. Os resultados finais serán dados a coñecer nun anuncio oficial da Unión Astronómica Internacional a partir de mediados de decembro, conxuntamente cos outros nomes das estrelas e planetas asignadas a cada país. Curiosamente, Rosalía non é a única proposta galega para nomear a estrela HD 149143. Na votación tamén figura Breogán como opción (e Ith  para dar nome ao exoplaneta), proposto polo Observatorio da Universidade Autónoma de Madrid. 
A Agrupación Astronómica Ío difundiu a súa proposta a través das redes sociais, convidando a empregar a etiqueta #EstrelaRosalía e a compartir poemas da autora que inclúan referencias ao Sol, a Lúa, as estrelas e a noite. Así, dende esta fin de semana estamos lendo "Cando maxino que es ida/ no mesmo sol te me amostras/ i eres a estrela que brila/ i eres o vento que zoa" ou "Colleume a noite, noite brillante, cunha luniña feita de xaspes, e fun con ela camiño adiante, cas estreliñas para guiarme, que aquel camiño solo elas saben", entre moitos outros versos. "No tempo de Rosalía a contaminación luminosa non existía e en consecuencia todas as persoas convivían con naturalidade coa noite. O firmamento e os corpos celestes formaban parte do seu día a día e inevitabelmente están integrados na súa literatura", destaca Ío na seúa web.
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.


Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.


Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.


En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

domingo, 13 de outubro de 2019

Samaín. Concurso de microcontos


Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas.
Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses. Un deles era Samaín
As súas festas coincidían con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios:
• 1 febreiro na  honra da deidade Imbole.
 • 1 maio na honra da deidade Beltain.
 • 1 agosto en honra a deidade Lungh.
• 1 novembro na honra da de idade Samaín(solpor do 31 de outubro e 1 e novembro)

A festa do Samaín, festa laica que representa a fin do verán, das colleitas e o inicio do tempo de inverno, era a festa máis importante dos celtas e marcaba os inicios do ano novo.

Nós para  festexar  e reuivindicar esta fest propia,  antecedente  do Halloween imos facer un concurso de microcontos.
PARTICIPA
DOCUMENTOS




sábado, 12 de outubro de 2019

Samaín . Concurso de conxuros

 Se queres gañar, vas ter que rimar

O Equipo de Dinamización da Lingua, en colaboración co  Departamento da Lingua Galega,  convoca  o II  CONCURSO DE CONXUROS  para festexar o Samaín.  Tes ata o 30 de outubro.

O conxuro é unha invocación, máis ou menos rimada, a poderes de toda índole (físicos, espirituais, morais, políticos, sobrenaturais, ...) para  todo o que desexemos.

 A finalidade deste concurso é  crear conxuros   para afastar  todo aquilo que queiramos  que desapareza das nosas vidas (violencia, maltrato, inxustizas, guerras, prexuízos, a contaminación...). 

Exemplos

Ollos de sapo,
pata de ra,
que caiga a escola
pasadomañá.



Conxuros contra a néboa

Érguete néboa,
puta da serra,
filla dun can
e dunha cadela.
Aí vén san Xoán
co seu burro ruán
ai! que te mata
ai! que te papa
ai! que te leva
  ao fondo do mar
a secar.

Outro  diferente  

Levántate, néboa,
do  mar e da  terra
que aí vén San Martiño
co  seu ramalliño,
chorando e berrando
que te ha  matar,
cortarche a  cabeza
  e tirala ao mar.


 ANÍMATE E FOI OS TEUS CONXUROS!!!

BASES

xoves, 12 de setembro de 2019

Usos lingüisticos 2018-2019


Nos seguintes enlaces podes consultar  o uso da lingua galega no IES David Buján. Estes cuestionarios lingüísticos  foron realizados durante o mes de decembro de 2018

xoves, 23 de maio de 2019

MUSIGAL 2019

MUSIGAL é un proxecto de dinamización lingüística e cultural  desenvolvido no centro por primeira vez   e que ten por obxectivo divulgarmos a música  galega actual, en principio, entre a nosa comunidade educativa.  O premio tenta crear un premio para aquel grupo ou intérprete  cuxa canción resulte gañadora entre todas as publicadas no ano anterior, neste caso , entre todas as do 2018.

O certame  ten varias fases. Na primeiro, o xurado selecciona as sete mellores cancións en lingua galega publicadas no ano anterior. A continuación, ábrense as votacións virtuais  para toda a comunidade educativa e elíxense os gañadores. Por último, convídanse os artistas que resultaron gañadores para vir actuar ao centro e recibir o premio.

As cancións finalistas nesta edición foron:
- Deixaas de Mercedes Peón
- O baile de Noró de Xabier Díaz &Adufeires de Salitre
- Antón Revolución de Susana Seivane
- Desdibuxar de Guadi Galego
- Terra Mollada de Milladoiro
- Que non mo neguen de Tanxugueiras
- Pólvora e tormenta de Ezetaerre

Podes escoitar as canción finalistas e votar AQUÍ

sábado, 11 de maio de 2019

Obradoiro de estampación de camisetas. Concurso

Este ano os alumnos  de 1º da ESO, os que participaron no Correlingua, deseñaron uns lemas e deseños que despois estamparon nas súas camisetas con ceras duras que despois fixaron coa plancha.
Aquí tes fotos da actividade e do resultado.
Entre todas as camisetas, déronse oito premios. A decisión foi difícil, pois había moitas realmente excelentes.
Aquí tes os premiados. Noraboa

sábado, 9 de marzo de 2019

I Concurso de caligramas


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, O Departamento de Lingua Galega e a Equipo de Convivencia convocan o I Concurso de Caligramas en lingua galega para festexar o Día Mundial  da Poesía ( 21 de Marzo) e homenaxear a Luis Pimentel, escritor fundamental na poesía galega do século XX, cando se cumpre 60 anos da publicación de Sombra do aire na herba, libro no que  aparece a poesía fundamental do autor.
Ao final desta entrada aparece unha pequena antoloxía de Sombra do aire na herba. Se buscas outros poemas, achégate á biblioteca do centro ou  ao departamento de Lingua Galega.
No departamento do EDLG tamén podes coller a cartolina que che fai falla.

ANÍMATE A PARTICIPAR
 HABERÁ SUCULENTOS PREMIOS
BASES
INFOGRAFÍA 
ANTOLOXÍA de Sombra do aire na herba (1959) de Luís Pimentel
-----
Consulta aqui o fallo do xurado

Mail art Día de Rosalía. Fallo do xurado

O xurado despois de deliberar  concedeu o primeiro premio a Eva Jiani Jiang de 2º Bacharelato. Noraboa.
Pero tamén concedeu dez premios máis que podes concultar aquí.
Moitas grazas por participar
Noraboa a todos os premiados

sábado, 16 de febreiro de 2019

21 de febreiro. Día da Lingua Materna. Vídeo: Responsabilidade

Este é un  vídeo da serie de catro elaborados por  Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez Branco (Servizo de Normalización Lingüística da USC).

21 de febreiro. Día da Lingua Materna. Vídeo: Liberdade

Este é un  vídeo da serie de catro elaborados por  Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez Branco (Servizo de Normalización Lingüística da USC).


21 de febreiro. Día da Lingua Materna. Vídeo: Contaxio

Este é un  vídeo da serie de catro elaborados por  Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez Branco (Servizo de Normalización Lingüística da USC).

21 de febreiro. Día da Lingua Materna. Vídeo: Lingua minoritaria


Este é un  vídeo da serie de catro elaborados por  Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez Branco (Servizo de Normalización Lingüística da USC).


VÍDEOPOEMA. 24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro

Anímate e participa no concurso

BASES

Nos seguintes enlaces podes consultar a obra da autora.

Cantares gallegos 
Follas novas

luns, 11 de febreiro de 2019

Vídeo: EU FALO GALEGO



Colabora connosco e grava un pequeno vídeo, unha declaración,  mostrando o teu orgullo pola nosa lingua, polo galego,. Dinos por que o falas ou queres falalo.

Isto non é un concurso. É unha campaña colaborativa feita entre todos e todas. Cantos máis sexamos,  mellor. Envía o teu vídeo ou ven polo EDLG e gravámolo alí. Tamén pode colaborar a túa familia e amigos.  Ollo ao son!! Que se escoite ben.
Cada vídeo debe de indicar o nome e apelidos de cada partcipante. Se tes dúbidas pasa polo Departamento de EDLG ou Lingua Galega

Na seguinte canción de Dios ke te crew, feita sobre un pema de Celso Emilio, atopamos moitos argumentos para falar galego.



Argumentos que  se deron ata agora nas aulas.

domingo, 3 de febreiro de 2019

MAIL ART. 24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro


O EDLG e o departamento de Plástica  do IES David Buján convocan o I concurso  de MAIL ART "ROSALÍA DE CASTRO" coa finalidade de difundir o Día de Rosalía e Castro e a obra da autora, ademais de normalizar a nosa lingua tamén neste actividade. Envía as túas tarxetas postais artísticas e axuda a dar a coñecer a celebración fóra do centro.  O EDLG encargarase da facer chegar o envío ao seu destino.

Mail art  é a denominación que se emprega para a difusión de arte ( debuxos, ilustracións, poemas, collages, ...) a través do correo postal. Esta orixinal  actividade artística tivo a súa orixe en EEUU na década de 1960.

Fai a túa postal decorada. O EDLG enviaraa, se é fóra do centro, ou entregaraa en man, se é dentro do centro.

Anímate e particpa. Haberá SUCULENTOS premios. Data límite de entrega o 20 de febreiro

BASES

ANTOLOXÍA POÉTICA ( Imaxes Belén Padrón). Só algúns poemas
PDF 

ANTOLOXÏA POÉTICA ( Selección Elsa Baluja, ilustracións de Jacobo Muñiz). Só algúns poemas
PDF

sábado, 19 de xaneiro de 2019

QUÉROTE en galego

Neste mundo tan globalizado, na Galiza tamén se adoita celebrar o Día dos Namorados e Namoradas o 14 de febreiro, polo San Valentín. Mais o  día 2, a Candeloria, cando casan os paxariños, tamén é unha data ben axeitada  para celebrarmos o amor.  No centro imos celebrar o amor en galego:
 - CONCURSO de caligramas con poemas de amor .

2. febreiro. A candeloria



A da Candeloria ten unha orixe pagá que se remonta a tempos anteriores á romanización.  A conmemoración cristiá da Candeloria parece que ten a súa orixe nunha festa romana do lume, a dos "Lupercales", unha procesión de candeas acendidas na noite na que se facían pregarias a Proserpina, a deusa que daba forza ás sementes, procurando a fertilidade dos eidos. Celebración que os romanos quizais tomaron da "Festa da luz" dos pobos celtas, festexo do lume sagrado que liberaba a terra, propiciando a fertilidade e o espertar do sol. 
 Na cultura popular galega a da Candeloria é "a festa da luz", xa que comezan a medrar os días e a estreitarse as noites, xa falta pouco para  primavera, ... Tamén é o momento que volven os paxariños que migraron  e  se emparellan. 
A sabedoría de refraneiro galego lembra todos estes feitos e moitos outros da época. 


"Cando a Candelaria chora, a mitá do inverno está fora; se chora ou ri, a mitá do inverno está por vir, e se chora ou fai vento, aínda o inverno está dentro"

Adornaremos o centro e recolleremos refráns sobre a festas e a época . 
Anímate e participa. 
Deixa o teu refrán na entrada



Anuario 2018-2019

Este ano o anuario escolar ao lado da foto de grupo vai levar un fragmento dunha canción galega.Deberá figurar intérprete disco e ano de publicación. cada clase deberá escolle a súa canción Non se repetirá canción, nin intérprete.
Neste blog do  EDL do centro hai só música galega

martes, 15 de xaneiro de 2019

CONCURSOS: Casa Museo Manuel María

A Casa Museo de Manuel María acaba de convocar os dous concursos  que a Fundación promove dirixido ao alumnado galego de estudo non universitario da ESO, Bachrelato, Ciclos Formativos e Ensinanzas artísticas.
Nos seguintes enlaces podes coñecer as bases que rexen os dous concursos:
- V Concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva" ( sobre poemas de Manuel María e Rosalía de Castro). BASES
- III Concurso de videopoemas Sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María. BASES
Anímate e participa!!
Videopoemas