martes, 20 de setembro de 2022
Usos Lingüísticos. Curso 2021-2022
Nas seguintes ligazóns podes consultar o uso da lingua galega no IES David Buján. Estes cuestionarios lingüísticos foron realizados durante o mes de xuño de 2022.
mércores, 20 de abril de 2022
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022
FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN: DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022
O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022 é un reflexo da cultura galega no século XX. Militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas. Como poeta escribiu entre dous mundos: a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México. (Consello da Cultura Galega)
O obxectivo desta data é de dar a coñecer a vida e obra do poeta e poñer en valor o seu legado.
O seguinte vídeo, elaborado no centro co material do Seminario Galán, fai un percorrido pola vida e obra do autor valdeorrés.
Deixamos outros recursos sobre o homenaxeado do Seminario Galán
Biografía Florencio Delgado Gurriarán
Cronoloxía Florencio Delgado Gurriarán
Exposición Florencio Delgado Gurriarán
Escolma de textos Florencio Delgado Gurriarán
domingo, 12 de decembro de 2021
Nadal 2021
O EDLG ponlle o ramo a este ano 2021 ( para que non volva) e celebra a chegada do novo ano convidando a celebrar as festas de Nadal en galego.
Faino por medio dunha manchea de concursos, propostas de actividades e recursos para galeguizar estas festas e promover o uso da nosa lingua.
CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL DIXITAIS
Podes facer a túa felicitación en distintas aplicacións. Unha deles é canva. Segue estes pasos:
1. Vai Canva (https://www.canva.com/)
Podes rexistrarte ou non. Para comenzar escribe postal de nadal (en buscas) e escolle o deseño que mellor se adpate ao que res crear. Fíxate que hai modelos de pago.
2. Personaliza o teu deseño ( texto en lingua galega, cores, imaxes, ...).
3. Cando o teu deseño estea listo poderás compartilo con quen queiras. Tamén o podes descargar en distintos formatos.
4. Para o concurso descárgao en JPG e mándao ao email do EDLG (edlg@iesdavidbujan.gal) cos teus datos (nome e curso) antes do 20 de decembro.
Os traballos que participen no concurso deben facer referencia a un tema vinculado con estas datas, para felicitar o Aninovo, o Día de Reis ou as festas de Nadal en xeral. Ademais do tema, valorarase o coidado estético e lingüístico das propostas.
PARTICIPA!!
GORENTOSOS PREMIOS
PANXOLIÑA: Nadal de Luintra (Berrogüeto e Guadi Galego)
O EDLG convida a toda a comunidade educativa a cantar todos xuntos esta marabillosa e tradicional panxoliña. Todos aqueles que estean interesados comezan os ensaios o luns, 13, segundo recreo, no salón de actos. Non te esquezas.
Aquí tes mp3 da peza
RECURSOS DIXITAIS
Tamén vos queremos facilitar algúns recursos dixitais en lingua galega que poderedes descargar e cos que festexar o Nadal en galego e promover o uso do idioma, nomeadamente entre a xente miúda.
Aquí podes descargar gratuitamente a "Carta ao Reis Magos" a "Resposta dos Reis Magos" o Libro dos Reis Magos, elaboradas pola SXPL, para elaborar de xeito doado as cartas dos máis cativos, así como a resposta para manter viva a ilusión e dinamizar a nosa lingua propia.
Adhesivos e etiquetas en galego para os teus agasallos. Podes descargalos aquí.
ETIQUETAS 1 ETIQUETAS 2 ETIQUETAS 3 ETIQUETAS 4 ETIQUETAS 5
ETIQUETAS 6 ETIQUETAS 7 ETIQUETAS 8 ETIQUETAS 9 ETIQUETAS 10
ADHESIVO 1 ADHESIVO 2 ADHESIVO 3 ADHESIVO 4 ADHESIVO 5
ADHESIVO 6 ADHESIVO 7 ADHESIVO 8 ADHESIVO 9
martes, 12 de outubro de 2021
Concurso de conxuros
Se queres gañar, vas ter que rimar
A finalidade deste concurso é crear conxuros para afastar todo aquilo que queiramos que desapareza das nosas vidas (violencia, maltrato, inxustizas, guerras, prexuízos, a contaminación, a pandemia, ...).
puta da serra,
filla dun can
e dunha cadela.
Aí vén san Xoán
co seu burro ruán
ai! que te mata
ai! que te papa
ai! que te leva
ao fondo do mar
a secar.
do mar e da terra
que aí vén San Martiño
co seu ramalliño,
chorando e berrando
que te ha matar,
cortarche a cabeza
e tirala ao mar.
mércores, 29 de setembro de 2021
Usos lingüisticos. Curso 2020-2021
Nos seguintes enlaces podes consultar o uso da lingua galega no IES David Buján. Estes cuestionarios lingüísticos foron realizados durante o mes de maio de 2021
domingo, 21 de febreiro de 2021
Explícoche matemáticas 2.0

Pode participar o alumnado das universidades públicas de todo o Estado español de todas as titulacións de grao, mestrado e doutoramento, así como alumnado de 3º e 4º da ESO e de bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou profesora.
O obxecto de Explícoche Matemáticas 2.0 son vídeos nos que se aborde un tema relacionado coas matemáticas, cunha duración de entre 1:30 e 2:30 minutos, vehiculados en galego e utilizando calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico.
O prazo para presentar os vídeos está aberto ata o 26 de marzo de 2021. Hai tres premios de 200 euros e un premio do público, de 100 euros.
xoves, 28 de xaneiro de 2021
2 febreiro. A Candeloria
A da Candeloria (a festa das candeas) ten unha orixe pagá que se remonta a tempos anteriores á romanización. A conmemoración cristiá da Candeloria parece que ten a súa orixe nunha festa romana, a dos "Lupercais", unha procesión de candeas acendidas na noite na que se facían pregarias a Proserpina, a deusa das sementes e da fertilidade dos eidos. Celebración que os romanos quizais tomaron da "Festa da luz" dos pobos celtas, festexo do lume sagrado que liberaba a terra, propiciando a fertilidade e o espertar do sol.
- "Cando a Candelaria chora, a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, a mitá do inverno está por vir, e se chora ou fai vento, aínda o inverno está dentro"
- "Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, metade do inverno está por pasar".
- "O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra".
- "Na Candeloria casan os paxariños e marcha a galiñola"
- "Despois da Candeloria ningunha ave voa soa"
- No centro tamén queremos celebrar a chegada da primavera. Decoraremos o centro con paxariños de origami. Aprende a facer o teu con este vídeo.
- CONCURSO: CHÍOS CON AMOR
O Equipo de Dinamización da Lingua, xunto do Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Convivencia convocan una concurso de mensaxes de amor curtas (menos de 280 caracteres) que pode ter un destinatario-a folgado (namorado, namorada, pai, nai, amigos, lingua, ...).Saca a túa personalidade sentimental e participa!!
30 de xaneiro. Recitando Celso Emilio
Para commemorar o Día Internacional da Paz e da Non Violencia, o EDLG do IES David Buján propón o recitado colectivo do poema "Irmaus" de Celso Emilio, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, cuxa poesía é un símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.
Aquí tés o poema, no blog Son de poetas, onde podes escoitar unha versión musicada de Fuxan os ventos.
Participa, envía o teu recitado ao correo edlg@iesdavidbujan.gal. Cos recitados recibidos faremos unha montaxe que difundiremos nas rede.
sábado, 19 de decembro de 2020
CONCURSO "TARXETAS DE NADAL DIXITAIS"
mércores, 9 de decembro de 2020
Concurso Tarxetas de Nadal 2020
Como todos os anos o EDLG convoca un concurso de tarxetas de Nadal. Este ano as postais poden ser dixitais ou físicas. Consulta esta presentación e participa.





