Este é un vídeo da serie de catro elaborados por Manuel Núñez Singala e Manuel
Bermúdez Branco (Servizo de Normalización Lingüística da USC).
sábado, 16 de febreiro de 2019
21 de febreiro. Día da Lingua Materna. Vídeo: Liberdade
Este é un vídeo da serie de catro elaborados por Manuel Núñez Singala e Manuel
Bermúdez Branco (Servizo de Normalización Lingüística da USC).
21 de febreiro. Día da Lingua Materna. Vídeo: Contaxio
Este é un vídeo da serie de catro elaborados por Manuel Núñez Singala e Manuel
Bermúdez Branco (Servizo de Normalización Lingüística da USC).
21 de febreiro. Día da Lingua Materna. Vídeo: Lingua minoritaria
Este é un vídeo da serie de catro elaborados por Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez Branco (Servizo de Normalización Lingüística da USC).
VÍDEOPOEMA. 24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro
Anímate e participa no concurso
BASES
Nos seguintes enlaces podes consultar a obra da autora.
Cantares gallegos
Follas novas
BASES
Nos seguintes enlaces podes consultar a obra da autora.
Cantares gallegos
Follas novas
luns, 11 de febreiro de 2019
Vídeo: EU FALO GALEGO
Colabora connosco e grava un pequeno vídeo, unha declaración, mostrando o teu orgullo pola nosa lingua, polo galego,. Dinos por que o falas ou queres falalo.
Isto non é un concurso. É unha campaña colaborativa feita entre todos e todas. Cantos máis sexamos, mellor. Envía o teu vídeo ou ven polo EDLG e gravámolo alí. Tamén pode colaborar a túa familia e amigos. Ollo ao son!! Que se escoite ben.
Cada vídeo debe de indicar o nome e apelidos de cada partcipante. Se tes dúbidas pasa polo Departamento de EDLG ou Lingua Galega
Na seguinte canción de Dios ke te crew, feita sobre un pema de Celso Emilio, atopamos moitos argumentos para falar galego.
Argumentos que se deron ata agora nas aulas.
domingo, 3 de febreiro de 2019
MAIL ART. 24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro
O EDLG e o departamento de Plástica do IES David Buján convocan o I concurso de MAIL ART "ROSALÍA DE CASTRO" coa finalidade de difundir o Día de Rosalía e Castro e a obra da autora, ademais de normalizar a nosa lingua tamén neste actividade. Envía as túas tarxetas postais artísticas e axuda a dar a coñecer a celebración fóra do centro. O EDLG encargarase da facer chegar o envío ao seu destino.
Mail art é a denominación que se emprega para a difusión de arte ( debuxos, ilustracións, poemas, collages, ...) a través do correo postal. Esta orixinal actividade artística tivo a súa orixe en EEUU na década de 1960.
Fai a túa postal decorada. O EDLG enviaraa, se é fóra do centro, ou entregaraa en man, se é dentro do centro.
Anímate e particpa. Haberá SUCULENTOS premios. Data límite de entrega o 20 de febreiro
BASES
ANTOLOXÍA POÉTICA ( Imaxes Belén Padrón). Só algúns poemas
ANTOLOXÏA POÉTICA ( Selección Elsa Baluja, ilustracións de Jacobo Muñiz). Só algúns poemas
sábado, 19 de xaneiro de 2019
QUÉROTE en galego
Neste mundo tan globalizado, na Galiza tamén se adoita celebrar o Día
dos Namorados e Namoradas o 14 de febreiro, polo San Valentín. Mais o
día 2, a Candeloria, cando casan os paxariños, tamén é unha data ben axeitada para celebrarmos o amor. No centro imos celebrar o amor en galego:
- CONCURSO de caligramas con poemas de amor .
- CONCURSO de caligramas con poemas de amor .
2. febreiro. A candeloria
A da Candeloria ten unha orixe pagá que se remonta a tempos anteriores á romanización. A conmemoración cristiá da Candeloria parece que ten a súa orixe
nunha festa romana do lume, a dos "Lupercales", unha procesión de
candeas acendidas na noite na que se facían pregarias a Proserpina, a deusa que
daba forza ás sementes, procurando a fertilidade dos eidos. Celebración que os
romanos quizais tomaron da "Festa da luz" dos pobos celtas, festexo do lume sagrado que liberaba a terra, propiciando a
fertilidade e o espertar do sol.
Na cultura popular galega a da
Candeloria é "a festa da luz", xa que comezan a medrar os días e a
estreitarse as noites, xa falta pouco para primavera, ... Tamén é o momento que volven os paxariños que migraron e se emparellan.
A sabedoría de refraneiro galego lembra todos estes feitos e moitos outros da época.
"Cando a Candelaria chora, a mitá do inverno está fora; se chora ou
ri, a mitá do inverno está por vir, e se chora ou fai vento, aínda o inverno
está dentro"
Adornaremos o centro e recolleremos refráns sobre a festas e a época .
Anímate e participa.
Deixa o teu refrán na entrada
Anuario 2018-2019
Este ano o anuario escolar ao lado da foto de grupo vai levar un fragmento dunha canción galega.Deberá figurar intérprete disco e ano de publicación. cada clase deberá escolle a súa canción Non se repetirá canción, nin intérprete.
Neste blog do EDL do centro hai só música galega
martes, 15 de xaneiro de 2019
CONCURSOS: Casa Museo Manuel María
A Casa Museo de Manuel María acaba de convocar os dous concursos que a Fundación promove dirixido ao alumnado galego de estudo non universitario da ESO, Bachrelato, Ciclos Formativos e Ensinanzas artísticas.
Nos seguintes enlaces podes coñecer as bases que rexen os dous concursos:
- V Concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva" ( sobre poemas de Manuel María e Rosalía de Castro). BASES
- III Concurso de videopoemas Sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María. BASES
Nos seguintes enlaces podes coñecer as bases que rexen os dous concursos:
- V Concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva" ( sobre poemas de Manuel María e Rosalía de Castro). BASES
- III Concurso de videopoemas Sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María. BASES
Anímate e participa!!
Videopoemas
mércores, 12 de decembro de 2018
Cuestionarios de usos lingüísticos
Na derradeira semana do ano imos facer a análise dos usos lingüisticos no centro. A información solicitada é necesaria para facer unha planificación lingüística adecuada.
É un cuestionario anónimo. Preme no curso que corresponda.Grazas pola túa colaboración.
domingo, 2 de decembro de 2018
25 de Novembro. Autocolantes
A semana do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, repartíronse polo centro estas pegatinas elaboradas polo alumnado do Voluntariado Lingüístico. Foi un éxito. Gustaron moito.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









