Se queres gañar, vas
ter que rimar
O Equipo de Dinamización da Lingua, en colaboración coa Biblioteca e o Departamento da Lingua Galega, convoca o I CONCURSO DE CONXUROS para festexar o Samaín. Tes ata o quince de novembro.
O conxuro é unha invocación, máis ou menos rimada, a poderes de toda índole ( físicos, espirituais, morais, políticos, sobrenaturais, ...) para afastar de nós o que queiramos. A finalidade deste concurso é recadar conxuros para afastar todo aquilo que queiramos que desapareza.
Exemplos
Ollos de sapo,
pata de ra,
que caiga a escola
pasadomañá.
Conxuros contra a néboa
Érguete néboa,
puta da serra,
filla dun can
e dunha cadela.
Aí vén san Xoán
co seu burro ruán
ai! que te mata
ai! que te papa
ai! que te leva
ao fondo do mar
a secar.
puta da serra,
filla dun can
e dunha cadela.
Aí vén san Xoán
co seu burro ruán
ai! que te mata
ai! que te papa
ai! que te leva
ao fondo do mar
a secar.
Outro diferente
Levántate, néboa,
do mar e da terra
que aí vén San Martiño
co seu ramalliño,
chorando e berrando
que te ha matar,
cortarche a cabeza
e tirala ao mar.
do mar e da terra
que aí vén San Martiño
co seu ramalliño,
chorando e berrando
que te ha matar,
cortarche a cabeza
e tirala ao mar.
ANÍMATE E FOI OS TEUS CONXUROS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario