As nubes de palabras son un recurso visual moi potente para destacar conceptos relacionados con calquera tema.
O EDL do IES David Buján, en colaboración co Equipo de Convivencia e o Departamento de Lingua Galega convocan o II Concurso de Nubes de Palabras relacionadas con tema da violencia de xénero.
Poderán particpar todos @s alumn@s do centro e con todos os traballos que queiran. As obras entregaranse no departamento de Lingua Galega, en Convivencia ou na conserxaría do centro antes do 30 de novembro. Deberá figurar nun lugar visible o nome do autor, curso e grupo.
Se non sabes facer unha nube de palabras podes visionar este titorial feito polo EDL
Ningún comentario:
Publicar un comentario