O día 18 e 19 de outubro @s alumn@s de 4º, 1º e 2º de bacharelato van asistir á representación teatral que Chévere fai no Ágora para escolares. A actividade é de balde e está organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña. Cómpre dar a noraboa á inicitiva que procura promover a nosa lingua e promocionar o teatro galego.
Eroski Paraíso é a primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro no ano 2014. A obra comeza cando Alexandra, estudante de cine, volve á súa vila natal para gravar un documental sobre a súa familia. O seus pais coñecéronse na sala de festas O Paraíso de Muros, que co tempo acabou converténdose nun supermercado onde agora traballa a súa nai, Eva. O seu pai, Antonio, aínda vive nas Canarias, onde tiveron que emigran cando Alexandra era moi pequena.
Eroski Paraíso é o
título que lle puxo Alexandra á súa película, que é un
retrato do desarraigo vital de toda unha xeración. E esta obra é un convite para
asistir a unha das sesións de rodaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario